Besta do seu sangue

Pese a que nestes tempos estou descubrindo verdadeiras xoias da literatura galega contemporánea, ultimamente ando moi conmocionado con Besta do seu sangue, a obra de Emma Pedreira (A Coruña, 1978) que foi merecedora do Premio Xerais 2018. Na novela atopámonos con Manuel-a Blanco Romasanta, unha personaxe intersexual que sofre un debate interno e externo sobre a... Leer más →

Anuncios

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

  Após gañar o Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, a nova obra de Antonio Manuel Fraga estréase no panorama literario galego da man do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Pese a que en ocasións os libros xuvenís non son do agrado das persoas adultas, isto non acontece coa obra de Fraga,... Leer más →

A cámara do sangue e outros relatos

    Cunha linguaxe transgresora, fera, indómita amósase ante nós Cartermóndez (termo acuñado por Emma Pedreira para referirse a un binomio sinérxetico formado por Angela Carter, autora de The Bloody Chamber and others stories, e María Reimóndez, tradutora ao galego da obra) quenes conseguirán asestarlle un duro, brutal e merecido golpe aos contos que Perrault,... Leer más →

As Ramonas de Ana Cabaleiro

Mona Otero, unha fotógrafa que detesta traballar en vodas, iniciará un proceso de deconstrución tras a petición de divorcio do seu home, unha transformación na que tentará ser a artista de prestixio que ela se considera. Esa cambio será amosado a través dun fluír interno que acontece durante os desprazamentos en coche, utilizados como o... Leer más →

DX, a un paso do posible

Por Daniel Chapela   A mestría e experiencia de Eli Ríos na poesía e na narrativa cristalizan nesta distopía que pode non chegar a ser un futuro hipotético, senón unha realidade que hoxe tentan invisibilizar as grandes corporacións excepto en pequenos resquicios que podemos chegar a albiscar. O caso dun xardineiro que denunciou a empresa... Leer más →

María Victoria Moreno e Xardín Desordenado

Este pasado sábado 8 de decembro, a aldea de Meiro gozou das verbas dos ritmos de Xardín Desordenado, un grupo de música que veu presentar o seu último traballo, no que recompilou diversos poemas de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.     Biografía de María Victoria Moreno extraída da... Leer más →

Entrevista a Xavier Alcalá

Velaquí parte da conversa que mantiveron a poeta Míriam Ferradáns e o escritor Xavier Alcalá o pasado 2 de outubro na presentación de The making of na Axencia de Lectura de Meiro. Unha delicia de entrevista: O título da súa útima novela, The Making of, xa advirte o lector de que estamos ante un proceso de descuberta. A... Leer más →

Presentación de “The making of”

Este martes 2 de outubro ás 20h, como actividade inaugural do noso segundo aniversario, teremos a presentación de The making of, a última obra de Xavier Alcalá. No evento, ademais do escritor, estará a poeta bueuense Míriam Ferradáns.   O azar, que marca os fitos da narración, fai que o escritor sexa amigo do Cholo,... Leer más →

Blog de WordPress.com.

Subir ↑